Aínda nos leva tempo dabondo, pero xa imos controlando a tarefa de poñer as luvas antes de traballar coa terra no xardín. Estes días andamos a plantar as landras que caeron do carballo da nosa escola.
Estamos a aprender moitas cousas sobre elas. Se as coidamos, tal vez medren e, dentro de moitos anos, convértanse nunha árbore como as que estudamos coa profe Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario