jueves, 6 de octubre de 2011

A PRENSA NA ESCOLA


Aínda que somos pequerrechiños, “ler” o xornal forma parte da nosa rutina diaria. Nel, ademais de consultar o tempo para ver se podemos saír ao patio, infamámonos de aspectos da vida diaria. Hoxe descubrimos que había pulgas nos parques infantís de Vilagarcía e aprendemos que hai que levar unhas máscaras especiais para fumigalas. Tamén vimos como os helicópteros apagan os lumes, que haberá festas en Lugo e incluso sarcófagos…
Se na casa tamén queredes ollar os xornais cos vosos fillos aquí vos deixo este enlace onde podedes atopar a prensa diaria e aprender xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario