viernes, 28 de octubre de 2011

FESTA RACHADA…

Pasámolo de medo, aínda que uns máis ca outros… ¡con tanta bruxa solta!… unhas daban pánico, como a profe Montse co seu nariz curvado; outras risa, como o profe Rafa co seu curto vestido... Hoxe na festa do Samaín tivemos de todo: xogos e carreiras de vasoiras, obradoiro de disfraces e caretas, contos terroríficos, karaoke, exposición de cabazas, magosto… Ata o sol quixo asistir a nosa festa e agasallounos cun día precioso… Sacamos as mesas fóra e degustamos todo tipo de doces feitos polas familias: biscoitos de noces, chulas de calacú, filloas, rosquillas, torta de queixo, madalenas… e por suposto, castañas asadas… Dende a nosa aula queremos dar as grazas a todos os que axudaron a que os cativos puideran disfrutar deste día de festa: ao concello por cedernos o local e traernos o asador; ás mamás por eses doces tan ricos e que con tanto agarimo preparáronnos; aos voluntarios que nos acompañaron, por axudarnos a asar as castañas e a colocar a merenda; aos mestres por organizar e coordinar as actividades; aos cativos por traer as súas cabazas e, cos seus medos e risas, demostrarnos que merecía a pena tanto esforzo.

1 comentario:

  1. PAULA ESTAS ENFADADA POñENDO AS PEGATINAS NO GORRO?. MARTIñO

    ResponderEliminar