martes, 28 de mayo de 2024

MAIOS 2024

Aínda que este ano tivemos que aprazar a nosa tradicional festa debido á choiva, a semana pasada por fin puidemos celebrala.

Colares de flores, xogos, cancións, bailes con gaiteiros e unha gran merendola, inundaron un ano máis a nosa escola para darlle a benvida á primavera.





lunes, 27 de mayo de 2024

A BICICLETA DE BRAIS

Tras a xornada de educación vial, decidimos levar as bicicletas as nosas propostas culinarias da fin de semana. Mirade nas imaxes que espectacular quedou a que cociñou Brais.

lunes, 13 de mayo de 2024

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

O martes pasado, á Dirección Xeral de Tráfico, ensinounos como debemos desprazarnos con seguridade.

O máis divertido chegou coa parte práctica, cando actuamos como peóns e como condutores.





lunes, 29 de abril de 2024

O MENÚ SAUDABLE

O venres levamos para casa un divertido prato para axudar a distribuír as porcións de  alimentos de xeito saudable. A metade do prato está dedicada a froitas e verduras, un cuarto a proteínas como pescados ou carnes brancas, e o cuarto restante, a grans integrais entre os que están a pasta ou o pan.

viernes, 26 de abril de 2024

ANIVERSARIO DE ANA E NOA

Que maiores! Xa son tantas as velas que non collen nunha torta. Necesitamos dúas e facer unha suma para chegar a seis. Parabéns!

miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024


Para conmemorar o Día do Libro, a ANPA da escola trouxo unha chea de libros para Zapatocas e uns agasallos para cada neno. Estamos desexando ir á biblioteca para lelos todos. Moitísimas grazas!!

lunes, 22 de abril de 2024

IMOS AO TEATRO

A semana pasada fomos ao Auditorio de Abanca a ver a obra de monicreques Pingüín. Unha tenra e divertida historia sobre os cambios familiares tras o nacemento dun novo membro.

Ao rematar, aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para brincar e xogar nun dos parques da vila.