lunes, 30 de octubre de 2023

EXCURSIÓN A CLESA


O xoves pasado realizamos a primeira saída do curso para ir á fabrica Clesa.

 Durante a visita, observamos a maquinaria e explicáronnos como o leite se transforma en iogures e sobremesas.

Realizamos degustacións de algúns dos produtos que elaboran. 

Finalizamos a visita transformándonos en expertos chefs e elaboramos unha receita personalizada a base de iogur grego.




MAGOSTO 2023

Xa temos listos os nosos envases para levar mañá as nutritivas castañas que asaremos coa axuda das familias.

AS CASAS DAS BRUXAS


Nas nosas propostas culinarias da fin de semana continuamos a voltas coas bruxas. Nesta ocasión optamos polas casa destes máxicos personaxes. Os nosos cociñeiros Antía e Brais xa nos enviaron as súas saborosas creacións.



miércoles, 25 de octubre de 2023

LEBRES DE MAR


A noticia publicada no xornal Diario de Arousa sobre as lebres de mar aparecidas na praia de Vilagarcía, serviunos de detonante para coñecer estes animaliños mariños. Tamén aproveitamos a oportunidade para traballar ao redor dos xornais e da prensa dixital.


martes, 24 de octubre de 2023

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

Cada 24 de outubro conmemorase o Día da Biblioteca Escolar. Para celebralo Zapatocas editou unha guía de lecturas dedicada ás bruxas que onte levamos para casa. Estes persoeiros, protagonistas de numerosos contos, son o eixo ao redor do que xiran parte das actividades estes días na escola.

lunes, 23 de octubre de 2023

A BRUXA SOFRONISA

Nunha das nosas visitas semanais á biblioteca escolar, descubrimos o conto “Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa”. A partir da súa lectura comezamos a mergullarnos no fascinante mundo das meigas. 

 

As nosas cociñeiras Ana, Noa e Yaiza xa se puxeron en marcha e mirade que creacións máis divertidas nos mandaron. 



Na receita que traballamos en clase propoñiamos empregar tortiñas de arroz para facer a cara. As nosas chefs Noa e Ana optaron por empregar arepas. Un xeito de divertirse dobremente realizando a masa. 

Grazas familias por compartir as imaxes connosco! 


miércoles, 18 de octubre de 2023

ORELLA CORTADA

Cando limos o contiño de Daniela Pirata coñecemos a Orella Cortada, o malvado capitán do Caimán Negro, e decidimos levar este persoeiro ás nosas propostas culinarias da fin de semana. Os nosos chefs de Leiro xa nos enviaron ás súas espectaculares creacións.