jueves, 8 de abril de 2021

A ECLOSIÓN DUNHA PUPA

 

.Alá polo mes de novembro estivemos observando unhas eirugas que atopamos nos repolos. Despois de alimentalas durante varias semanas, pasaron ao estado de pupa e así quedaron durante todo o inverno.  

O martes, cando chegamos a clase, atopamos unha inesperada sorpresa. Durante as vacacións de Pascua produciuse a eclosión dun deses casulos. Nós esperabamos que saíra unha bolboreta branca da col pero nos atopamos cunha polilla marrón. 


Despois de observala durante un rato decidimos soltala. Custounos porque tiña medo e non quería saír. Probamos a deixar a tapa aberta e agocharnos pero non funcionou. 


Tivemos que axudala con coidadiño cun lapis e orientala cara á ventá. 

miércoles, 7 de abril de 2021

FLORES DE FROITA

Para darlle a benvida á primavera, propuxemos ás familias cociñar unhas nutritivas flores de froitas. Xa temos as fotos das elaboradas por Marta e Noa, mirade que bonitas lle quedaron.






sábado, 27 de marzo de 2021

NOA, RAÍÑA DA FROITA DE MARZO

A nosa seguinte raíña  beneficiouse das propiedades de comer  plátano, mazá, fresas e mandarina. Ademais, este mes animouse a probar as uvas e descubriu que lle gustaban.  Parabéns Noa!

martes, 23 de marzo de 2021

COÑECENDO A FRIDA KALO

 

Co conto “Frida kahlo y sus animalitos”  comezamos a coñecer unha das pintoras máis importantes da historia. Partindo das mascotas que inspiraron a súa arte, este libro narra a vida da artista mexicana.

domingo, 21 de marzo de 2021

CONTOS PARA UN PLANETA


Durante algo máis dun mes, a hora de ler vai estar chea de contos que nos axudaran a coñecer criaturas imprescindibles para a vida na terra. Tratase da maleta literaria que pon a disposición dos centros educativos o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental). Solicitouna a mestra Ana do aula de natureza e chegou á biblioteca escolar a semana pasada. Xa limos tres libros que nos pareceron preciosos. Ao rematar cada lectura opinamos sobre ela. Temos que avaliar cada exemplar do 1 ao 5 argumentando a nosa decisión. Unha forma de aprender a pensar e inicialos na  critica literaria.

sábado, 20 de marzo de 2021

PROTEXE AOS ANIMAIS


Xa vos comentaramos nunha entrada anterior que este curso estamos a desenvolver o proxecto Protexe aos animais. Cremos que o mellor modo de coidalos é coñecendo as súas características e necesidades. Por este motivo, paseniño,  estamos traballando ao redor de cada unha das mascotas dos meniños da escola. Xa aprendemos algunhas cousiñas sobre os cabalos tendo como protagonista a Furia, a egua de Marta. E sobre os gatos, con Pandora, Era e Duque, as mascotas de Agatha.

Esta semana tocoulle quenda a Luna, á cadela de Hugo. Mirade no vídeo que nos mandou cantas cousiñas nos conta dela. Moitas grazas por compartilo connosco, encantounos.

Nos libros que temos na biblioteca vimos como son os órganos internos e o esqueleto dos cans. Tamén falamos sobre as súas grandes cualidades e o moito que axudan as persoas. Nos vindeiros días continuaremos descubrindo curiosidades do resto das mascotas dos meniños.

martes, 16 de marzo de 2021

MANTEIS PARA O CALDO DE GLORIA

 

A fundación Rosalia de Castro propuxo enviar manteis individuais co poema “Miña casiña, meu lar” aos comedores escolares que fixeran Caldo de Gloria. A mestra Marta de Ribadumia púxose en contacto con eles para informarlle de que, como na nosa non había comedor, as familias fixeran o Caldo de Gloria na casiña. E mandáronnos manteis para todos. Grazas profe Marta!