domingo, 22 de noviembre de 2020

LOS INSECTOS DE MI JARDÍN

Cantos insectos descubrimos no libro “Los insectos de mi jardin”!. Cada día, despregando as súas páxinas, imos vendo e lendo curiosidades  destes diminutos seres. Paralelamente tamén imos aprendendo a observar e respectar a multitude de bichiños que viven no xardín da nosa escola.


A BOLBORETA DE NOA

Noa tamén animouse a elaborar a proposta culinaria desta fin de semana. Mirade na foto que nos enviou que ben lle saíu a bolboreta.

sábado, 21 de noviembre de 2020

REIRREI

No libriño “Reirrei” que limos esta semana, descubrimos o seguinte recitado para saltar á corda.


Empezamos a xogar e agora os maiores xa o conseguen.  Nos vindeiros días continuaremos practicando ata que lle saiga aos máis pequenos. Animádevos a facelo tamén na casa e recuperar ese divertido enredo infantil.



A BOLBORETA E A XOANIÑA DE ERIK

Xa temos as fotos do primeiro cociñeiro desta fin de semana. Erik elaborou unha divertida xoaniña e unha rica bolboreta. Mirade nas imaxes que ben lle saíron.


viernes, 20 de noviembre de 2020

BOLBORETAS TAMÉN`PARA MERENDAR

Xa é venres e chega o momento da nosa proposta culinaria. Seguimos coa temática dos insectos e tócalle quenda á bolboreta. Nós suxerimos facela con pan de molde pero podedes facelas con froitas, filloas e ata salchichas. Neste enlace tedes moitas ideas, animádevos a facelas cos cativos. Se nos enviades as fotos publicarémolas neste blog.


jueves, 19 de noviembre de 2020

UNHA BOLBORETA NA AULA

Onte entrou na aula unha bolboreta branca da col. Estivo pousada na ventá e puidemos observar as diferentes partes do seu corpo. Despois buscamos nos libros da biblioteca información sobre este insecto e vimos como é o seu ciclo vital. Nos vindeiros días seguiremos investigando.


miércoles, 18 de noviembre de 2020

A XOANIÑA DE MARTA

Xa temos as fotos da xoaniña cociñada por Marta. Mirade nas imaxes que pinta tan saborosa ten e que ben lle quedou empregando como base unha tortiña de arroz.