Xa temos as fotos das creacións das nosas cociñeiras Ana
e Noa. Mirade nas imaxes que ben lle quedaron estas receitas de inverno.
lunes, 29 de enero de 2024
AS RECEITAS DE ANA E NOA
miércoles, 24 de enero de 2024
DÍA DA ILUSTRACIÓN
O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día da ilustración. Este ano dedicámolo a artista Gómez, autora das imaxes do libro Daniela Pirata. Estamos vendo e lendo moitos dos contos que ten ilustrado e realizando actividades ao seu redor. Comezamos a semana pasada coa divertida obra “Un dedo no nariz”
lunes, 22 de enero de 2024
PINGÜÍNS
Cada 20 de xaneiro conmemórase o Día de Concienciación
polos pingüíns,para unirnos a esta celebración, levamos estes animaliños ás
nosas propostas culinarias da fin e semana con esta divertida receita.
O noso cociñeiro Noel xa nos enviou a súa creación. Mirade
nas imaxes que chuliño lle quedou.
miércoles, 17 de enero de 2024
LIDIA CAO
A semana pasada, na nosa sesión semanal dedicada a
traballar ao redor da prensa, coñecemos unha muller que ten un traballo moi
especial. É muralista. Limos a
noticia, vimos algunhas das súas obras e quedamos abraiados. Nos vindeiros
meses seguiremos investigando ao redor desta artista galega.
martes, 16 de enero de 2024
viernes, 22 de diciembre de 2023
FESTIVAL DE NADAL 2023
Un ano máis o noso festival
de Nadal veu cargado de teatro, actuacións, xogos, bailes e, por suposto, a visita do Apalpador.














