martes, 13 de abril de 2021

FRIDA KAHLO NA BIBLIOTECA

Zapatocas, a mascota da biblioteca, preparounos un recuncho dedicado á artista Frida kalho. Onte, na nosa visita semanal, estivemos vendo os libros que nos tiña seleccionados. Paseniño iremos léndoos e aprendendo diferentes aspectos da súa vida e obra.

O MONO ARAÑA DE MARTA E ERIK

Xa temos outras dúas versións diferentes da proposta do mono araña de Frida kahlo. Nesta ocasión Marta empregou unha galleta coma base e Erik unha tortiña de millo. Mirade nas imaxes que chuliños quedaron.



 

lunes, 12 de abril de 2021

OVOS DE PASCUA

Noa enviounos unhas bonitas fotos contándonos como xogara a atopar ovos de Pascua. Pareceunos unha excelente idea e decidimos imitala. Confeccionamos e decoramos ovos de papel. Despois, aproveitando o bo tempo da semana pasada, coa axuda da mestra Miriam e Ana xogamos a agochalos polo xardín. O máis divertido foi tentar atopar os que escondían os compañeiros. 


O MONO ARAÑA DE NOA

 Noa tamén cociñou xa o mono araña de Frida Kahlo. Mirade na foto que nos enviou que chuliño lle quedou.

domingo, 11 de abril de 2021

O MONO ARAÑA DE MARÍA

María fixo a súa propia versión da receita do mono araña empregando unha filloa como base. Unha versión moito máis enxebre e nutritiva. Mirade na imaxe que ben lle quedou.


sábado, 10 de abril de 2021

PAMPULLOS

Esta semana a primavera tróuxonos un bonito agasallo. Á volta das vacacións de Pascua, atopamos o xardín do parque da escola cuberto de pampullos. Non puidemos resistirnos á tentación de apañalos e elaborar pulseiras de flores.




viernes, 9 de abril de 2021

O MONO ARAÑA DE FRIDA KAHLO


O xoves coñecemos a Fulang Chang, o mono araña que Frida Kahlo tanto amaba e pintaba nos seus autorretratos. Hoxe propoñemos levar esta mascota á nosa proposta culinaria da fin de semana. Optamos por esta receita sinxeliña pero tedes esta outra opción máis divertida.