domingo, 31 de enero de 2016

ORELLAS DE CARNAVAL

Bater os ovos, facer a masa, encher as mans de fariña, empregar o rodillo…¡como lles gusta aos meniños todo proceso que leva a elaboración das orellas de  carnaval!

jueves, 28 de enero de 2016

LOS ZANCOS

E continuamos cos xogos empregando os cadros de Goya como inspiración. Esta semana tocoulle quenda a “Los zancos”. Primeiro comentamos e vimos o cadro na páxina de “El Museo del Prado”. Despois quedamos abraiados coa destreza que mostran os mozos nas danzas de Anguiano, descenden xirando a toda velocidade por unha empinada costa sobre uns zancos de case medio metro de altura. E coma sempre deixamos para o final o máis divertido, enredar cos zancos.

martes, 26 de enero de 2016

PALMEIRA CANARIA

        

Como todos sabedes, sempre que se nos brinda a oportunidade gústanos levar ao noso obradoiro de cociña os proxectos que desenvolvemos na aula. Dado que Zapatocas anda a visitar Canarias, quixemos elaborar un dos seus símbolos naturais: a palmeira. Aínda que realizaremos máis actividades para coñecer esta planta tan usada en xardinería, comezamos a familiarizarnos con ela o venres pasado do xeito máis saboroso posible. 

lunes, 25 de enero de 2016

ZAPATOCAS E POMBA DA PAZ


Hoxe, xunto á mascota da nosa biblioteca, atopamos unha pombiña cunha mensaxe no peteiro. Nel contábanos que se chamaba Mari Paz e que precisaba da nosa axuda para repartir paz por todos os recunchos do planeta. Deixounos pombiñas para cada un e pediunos que escribiramos un desexo para facer un mundo mellor. Á saída levámolas a casa co nome posto para facelo coa axuda da nosa familia. Debemos traelas antes do venres, simplemente temos que escribir unha palabriña ou frase. Con todas elas imos facer un mural co que conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

jueves, 21 de enero de 2016

EL PELELE

Continuando cos cadros de Goya como inspiración, esta semana xogamos á nosa propia versión de “El Pelele”. Baseándonos nunha cantiga popular, manteamos a un peluche da clase co obxectivo de “curalo” se conseguiamos chegar ao final da canción sen que caera ao chan. É máis difícil do que parece pero moi divertido. 

lunes, 18 de enero de 2016

LIBROS DE CANARIAS

Tan importante como ter información é saber como acceder a ela. Con este obxectivo con cada proxecto traballamos a educación documental ensinando aos cativos onde e como están organizados os libros.
Hoxe comprobamos que o libro que nos deixou Zapatocas sobre Canarias ten a pegatina branca co número 9 porque está situado cos exemplares que tratan de diversos lugares do mundo. Nese mesmo andel atopamos o que traballamos o mes pasado de Andalucía, outro de Madrid e incluso de sitios que cústanos pronunciar.

domingo, 17 de enero de 2016

OS MÉRCORES, XOGOS DE CARTAS


O poema de Federico García Lorca “Los reyes de la baraja” que aprendemos o trimestre pasado, ademais de servimos para xogar ao pilla, empregámolo como detonante para comezar a traballar as matemáticas a partir das cartas.

O primeiro, recoñecer os protagonistas do poema: os reis da baralla e os seus paus. E con este obxectivo xogamos a ver quen sacaba cada unha das figuras á vez que repasabamos a escritura dos nomes propios. Este trimestre os mércores xogaremos ás cartas, xa vos contaremos.

jueves, 14 de enero de 2016

O NOSO RECUNCHO DE CANARIAS


Xa desmontamos o recuncho de Andalucía e no seu lugar comezamos a organizar o espazo dedicado a Canarias. Vimos que algúns dos libros que tan xenerosamente nos trouxeran as familias contiñan información sobre o novo centro de interese e xa estrearon o recuncho. Se na casa tedes contos, revistas, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos, folletos ou publicidade de axencias de viaxes, receitas… relacionado co tema e adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo traer para velo na aula, enriquecer o recanto de Canarias e aprender xuntos.

miércoles, 13 de enero de 2016

A PITA CEGA

Este trimestre comezamos a nosa sesión semanal de xogos empregando cadros de Goya como inspiración. Este pintor do que coñeceremos máis datos nos vindeiros meses, ten obras como “La gallina ciega” que nos van a servir para aprender enredos e familiarizarnos co autor. Pero o primeiro é saber a dinámica do xogo. Con esta finalidade antes de empezar a practicar vimos o seguinte vídeo onde os protagonistas explican moi ben o proceso.

O seguinte paso foi aprender a canción que o acompaña. E para iso tamén temos animación.

Por último veu o máis divertido: xogar. E para non esquecer o proceso, unha ficha co título e a cantinela para a nosa recompilación.

martes, 12 de enero de 2016

ZAPATOCAS EN CANARIAS


Onte, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, descubrimos unha nova carta da nosa mascota. Nela Zapatocas cóntanos que marchou para Canarias e anímanos a buscar información sobre esta Comunidade Autónoma.

Na nosa aula imos comezar un novo proxecto con este impresionante lugar como protagonista, pero primeiro temos que desmontar o recuncho de Andalucía e seleccionar que materiais conteñen tamén datos das Illas Afortunadas. Para quentar motores no obradoiro de cociña desta semana empregaremos como ingrediente un dos seus principais produtos: o plátano de Canarias. Neste enlace tedes información sobre este alimento e as características que o diferencian da banana.

lunes, 11 de enero de 2016

O NOSO LIBRIÑO DE NANAS

A recompilación de cantos de berce realizada coa axuda de todas as familias do centro xa está a disposición dos cativos na biblioteca escolar.
A eles gústalle buscar a súa nana, ver as fotos de cando eran pequerrechos, localizar as dos seus amigos, cantarlle aos compañeiros a que aprenderon e intentar ler as novas. Se picades na imaxe inferior da portada do libriño, accederedes ao documento onde están as da nosa aula, esperamos que gocedes con elas tanto coma os meniños.

viernes, 8 de enero de 2016

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE


Onte, no noso primeiro día de escola despois das vacacións de Nadal, foron moitas as actividades que tíñamos pendente. O primeiro tachar no calendario todos os días que estivemos sen vir á escola e comprobar que o ano 2015 chegou ao seu fin. Despois substituílo por un almanaque do 2016 e seguir marcando ata sinalar a data actualizada. E por último, comezar a anotar os acontecementos principais do novo ano, empezando polo máis importante, os aniversarios de cada neno. Na casa tamén podedes aproveitar as avantaxes dos novos calendarios realizando as propostas desta entrada do curso pasado.  

Pero sen lugar a dúbidas a mañá veu marcada polos agasallos do Apalpador.  Este ano sorprendeunos cunha pequena cidade de madeira e unha gran casiña de bonecas con mobles para as diferentes habitacións. Dende agora temos un recuncho novo na aula: o da casiña de bonecas.