viernes, 23 de septiembre de 2011

OS VENRES COCIÑAMOS…

Sacarlle a casca á noz sen metela na boca, abrir un sobre de azucre sen espallalo pola mesa, quitarlle a tapa ao iogur sen tiralo ao chan… ¡que complicado resulta todo cando soamente temos tres ou catro anos!... Hoxe, na nosa primeira clase do obradoiro de cociña, preparamosIogur con noces”. Aínda que cociñar resulta complicado cando somos moitos e moi pequenos... ¡conseguímolo!.

martes, 20 de septiembre de 2011

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS

Onte, tras pasar a mañá na biblioteca escolar realizando diversas actividades,  puxemos en marcha o empréstito de libros e, “as mochilas viaxeiras”, empezaron a súa andaina. Lembrade que:
  • O empréstito será os LUNS
  • Cada neno poderá levar UN libro a súa elección
  • Non poden levar outro ata que non traían o que levaron
  • Cada semana, rotativamente, un neno levará a mochila viaxeira en lugar do libro
  • Se os rapaces pintan, deterioran, rompen ou manchan o conto, quedarán un tempo sen poder levar máis para casa
  • En caso de perdida ou deterioro inxustificado terán que mercar un igual ao que estragaron
E o máis importante, non vos esquezades ningún día de ler un conto antes de durmir.

domingo, 18 de septiembre de 2011

COMENZAMOS...

Rematado o período de adaptación dos novos alumnos, o nome propio vai ser o primeiro texto co que imos traballar. Ademais de consideralo útil porque lle sirve para marcar as súas propias cousas, vaille permitir avanzar no proceso de adquisición da lingua escrita. Nestes días imos comezar un proxecto denominado "Eu son...", con el os pequenos, pouco a pouco, iran familiarizándose co seu nome e os dos seus compañeiros e, os maiores, afianzaran o coñecemento do abecedario. Para que na casa tamén poidades coñecer os nomes dos amigos dos vosos fillos, aquí vos deixo unha pequena presentación

jueves, 8 de septiembre de 2011

¡BENVIDOS AO CURSO 2011-12!

Hoxe estreamos este novo medio de comunicación coas familias. Na medida das posibilidades intentaremos que a través del vaiades coñecendo o que acontece na aula de Leiro. Espero que vos animedes a participar cos vosos comentarios.
Para comezar lembrade que o vindeiro luns 12 de setembro ás 10:30 teremos a reunión de principio de curso. Nela falaremos entre outros dos seguintes temas:

  • Información xeral sobre o curso
  • Normas de funcionamento e horarios
  • Calendario escolar. Excursións, festas e saídas
  • Biblioteca escolar: normas de funcionamento e empréstito
  • Proxecto medioambiental “O xardín dos sentidos”
  • Lista de material funxible
  • Periodo de adaptación dos novos alumnos